Benvido/a á Biblioteca de Galicia

Benvido/a á Biblioteca de Galicia, a biblioteca central do Sistema Galego de Bibliotecas.

Naceu como institución no ano 1989, coa promulgación da Lei de bibliotecas, que contempla a súa posta en marcha baixo a denominación de Centro Superior Bibliográfico de Galicia e sinala o seu papel como cabeceira do sistema bibliotecario e como conservadora e difusora do patrimonio bibliográfico de Galicia. A Biblioteca de Galicia configúrase como un centro moderno, xestor, difusor e conservador tanto de materiais tradicionais impresos, como de novos soportes a través de consultas e servizos realizados in-situ, na súa localización da Cidade da Cultura, como realizados en liña ou a través de consultas á súa ampla e pioneira biblioteca dixital.

visita virtual

16/11/2022

Día do Patrimonio Cultural 2022

A BdG destaca un exemplar único aparecido entre os fondos que custodia da Colección Abanca

03/11/2022

Nova recolección do dominio .gal

A Biblioteca de Galicia e a Biblioteca Nacional de España, en colaboración con PuntoGal, gardan o patrimonio dixital galego na Internet para o futuro

30/09/2022

Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas

A Biblioteca de Galicia inaugura unha nova exposición co Ano Xacobeo como referencia

12/05/2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán na BdG

Exposición no Vestíbulo do Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia

Cartel da exposición

21 Novembro 2022 - 31 Xaneiro 2023

A conquista da existencia

María Casares

Acceso á Libraría institucional