ACTIVIDADES
Aventuras Literarias “Leonardo e os fontaneiros
colage
Obradoiro a cargo de Xandobela en homenaxe a María Victoria Moreno

Para a conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano dedícase á escritora Mª Victoria Moreno, a Biblioteca de Galicia organiza un Aventuras Literarias en torno á obra desta escritora “Leonoardo e os fontaneiros”. Este obradoiro terá como obxectivo traballar a promoción dos hábitos lectores dun xeito lúdico e participativo no que os rapaces e as rapazas sexan parte activa do relato; para iso empréganse xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas.

Data: 5 de maio

Público: de 6 a 12 anos

Horario: 18:00 a 19:30 h

Duración: 90 minutos

Prazas: 25

De balde, precisa inscrición na web