ACTIVIDADES
A Ciencia Máxica
debuxo dunha formiga facendo maxia
Obradoiro de ciencia

Detrás dun espectáculo de maxia podemos atoparnos en numerosas ocasións con outra realidade máis sorprendente quizáis, pois o que moitas veces semella maxia, oculta outra realidade máis sinxela: a Ciencia. Isto é o que queremos amosar neste obradoiro, no que os nosos Magos serán capaces de realizar sorprendentes trucos. Así, á vista de todos, poderemos ver coma a auga desaparece, coma os líquidos poden cambiar de cor, coma converter a auga en neve en segundos, ou coma converter a auga en xeo en milisegundos...¡¡¡e moitos trucos máis!!!

Data: 28 de decembro
Horario: de 12:00 a 13:00 h
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Público: Familiar (rapaces e rapazas de 4 a 10 anos)
Nº de prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición no web