ACTIVIDADES
Espectáculo musical: Érase unha vez a ópera
Escena da obra
A cargo da Compañía Lírica de Galicia

Para conmemorar o Día Internacional da Música (21 de xuño), Érase unha vez a ópera é un espectáculo orixinal que persegue, xunto ao lóxico desexo de divertir, o propósito de interesar e instruír ao público infantil no marabilloso mundo da ópera, dunha forma sinxela e amena.

Esta proposta artística, que promove a Compañía Lírica de Galicia, ten como obxectivo achegar aos máis pequenos ao mundo da lírica a través de óperas tan coñecidas como La Bohème, Don Giovanni, Madame Butterfly...da man da diva da ópera Madame Spaghettini e do grandísimo compositor Wolfang Amadeus Mozart.

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Data: 9 de xuño

Público: Todos os públicos ( a partir de 5 anos)

Horario: 18:00 h

Duración: 45 minutos

Prazas: 120

De balde, precisa inscrición na web