ACTIVIDADES
Fíos
Escena da obra
Obra de teatro. Compañía: Baobab Teatro

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), a Biblioteca de Galicia organiza esta representación “Fíos” a cargo da compañía Baobab Teatro. Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que non para de coser recibe visitas, as veces esperadas e outras non, pedíndolle axuda. Coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

En Fíos as personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións. Así coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que só quere namorar, a Dona Margarita que viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e a Tito que descubrirá que quere ser maior.

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Data: 7 de abril

Público: Todos os públicos ( a partir de 3 anos)

Horario: 18:00 h

Duración: 50 minutos

Prazas: 120

De balde, precisa inscrición na web