ACTIVIDADES
María e os ollos alabarados
Asistentes e monitora no obradoiro
Espectáculo de Narración Oral e Monicreques que Imparte Xarope Tulú

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, dedicadas este ano á escritora Mª Victoria Moreno, a Biblioteca de Galicia organiza este espectáculo de narración oral e monicreques a cargo de Xarope Tulú, baseado na obra desta insigne escritora “María e os ollos alabarados”.

A través de diversos relatos e fragmentos das obras: Mar adiante, Pan con chocolate, Querida aboa...Percorren o universo da autora poñendo de manifesto os temas máis relevantes dos seus escritos, como a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais.

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Data: 19 de maio

Público: Familiar

Horario: 18:00 a 19:00 h

Duración: 50 minutos

Prazas: 40

De balde, precisa inscrición na web