Lois Pérez é un dos contadores máis prometedores do momento. Un humor retranqueiro que mestura moitos estilos na súa contada. Lois viaxa dende o conto tradicional ata o stand up máis moderno pasando pola poesía, a música e a literatura sen un momento de descanso nesta viaxe.
Sacar a lingua a p(r)acer é unha proposta que responde ao Teorema do Caldeiro: muxir unha vaca e logo botarlle o caldeiro cheo por riba da cabeza. As historias que conflúen nas contadas de Sacar a lingua a p(r)acer mesturan o humor, a tradición oral, a literatura galega e universal e os sucedidos, aqueles feitos que o contador de historias Lois Pérez escoitou polo mundo adiante. Así, en áxil carreira constante polo seu cerebro, as historias van mudando dependendo do día, a hora e o estado de ánimo do animal escénico (máis animal ca escénico!).
Data: 21 de setembrode 2019
Horario: 17:00 h
Duración: 60 minutos
Lugar: Aula I da Biblioteca de Galicia
Público: Maiores de 16 anos
Prazas: 40
Observacións: de balde, precisa inscrición no web