ACTIVIDADES
Obradoiro: “Animal Print: As cores da biodiversidade”
Impartido por: Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia

Nos últimos tempos as prendas de moda baseadas en peles de animais convertéronse en tendencia, e cada vez máis é frecuente atoparnos con persoas cuxa vestimenta imita a aparencia externa dun animal. Basta botar unha ollada a estas prendas para decatarnos que sempre empregan como fonte de inspiración a animais terrestres (león, tigre, cebra...)

É que os animais mariños non serven de inspiración para a creación destes estampados? Acaso non existen cores chamativas nos animais do océano?

Os animais mariños empregan a súa aparencia externa como medio de comunicación. Deste xeito varían as cores, por exemplo, para camuflarse e evitar ser depredados, para enganar aos seus conxéneres empregando a distracción ou mesmo para a cópula.

A través desta actividade de expresión artística coñeceremos a gran diversidade de cores e morfoloxías que presentan os animais mariños e explicaremos cales son os mecanismos que empregan para esta produción de cor.

Data: 16 de novembro

Horario: 17:00 a 19:00 h

Duración: 120 minutos

Lugar: Salas I da Biblioteca de Galicia

Público: de 12 a 15 anos

Prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición no web