ACTIVIDADES
Obradoiro: Árbores pouco árbores
Traballo dunha asistente
Imparte: OQO Editora

A partir do álbum ilustrado A árbore tan pouco árbore, constrúese este obradoiro para conmemorar o Día das Artes Galegas (1 de abril). Nesta actividade proporase aos participantes que, con materiais reciclados e naturais (pedras, paus, follas, madeiras...) que se atoparán no mesmo espazo de traballo, fagan propostas plásticas colectivas de creación dos distintos espazos, reais ou imaxinarios, que se presentan na obra: selvas-illa, selvas-montaña.... Neste obradoiro utilizarase a técnica Ensamblaxe (assemblage) que se define como a creación escultórica a partir da unión de materiais e de obxectos non artísticos. Este termo foi aplicado por primeira vez polo artista de orixe francesa, Jean Dubuffet, en plena efervescencia dos movementos abstractos de experimentación, a comezos do século XX.

Deste xeito achegarémonos a artistas que utilizaron esta técnica nas súas creacións: Picasso, Lousse Nevelson, Jean Dubuffet...

Unha vez rematada a proposta plástica, cada equipo inventará unha historia sobre a selva e os seres que a habitan.

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Data: 21 de abril

Público: de 8 a 12 anos

Horario: 17:30 a 19:00 h

Duración: 90 minutos

Prazas: 25

De balde, precisa inscrición na web