ACTIVIDADES
Obradoiro: Astronautas dun planeta imaxinario
Conmemoración do Día das Escritoras. Imparte: Ledicia Costas

Este obradoiro está pensado para que a rapazada constrúa un planeta imaxinario dun xeito lúdico: describirán o espazo, nomearán lugares e habitantes, debuxarán o mapa e crearán unha historia.

Sempre coa idea do xogo como punto de partida e coa palabra como ferramenta fundamental, case sen decatarse, estarán aprendendo a construír espazos e a deseñar e caracterizar personaxes.

A actividade centrarase en crear desde cero ese planeta imaxinario, empregando diferentes técnicas que estimulen a súa creatividade mediante o traballo en equipo.

Data: 5 de outubro de 2019

Horario: 17:00 h

Duración: 90 minutos

Lugar: Aula I da Biblioteca de Galicia

Público: 8 a 12 anos

Prazas: 30

Observacións: de balde, precisa inscrición no web