Para conmemorar o centenario do nacemento da escritora galega Pura Vázquez, a Biblioteca de Galicia organiza un “Aventuras Literarias” baseadas na obra desta insigne escritora. Neste obradoiro interactivo traballarase con distintos textos seus, centrándose principalmente na súa obra infantil e nas obras de teatro que fixo conxuntamente coa súa irmá Dora.
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Data: 15 de abril
Público: nenos/as a partir dos 6 anos
Horario: 12:00 a 13:00 h
Duración: 80 minutos
Prazas: 25
De balde, precisa inscrición na web