ACTIVIDADES
Obradoiro de ilustración
Oleo de macetas con flores
Para conmemorar o Día da Ilustración (30 de xaneiro) Obradoiro de ilustración Impartido pola ilustradora Minia Regos

Neste obradoiro os/as participantes achegaranse á obra do ilustrador galego Camilo Díaz Baliño, homenaxeado nesta edición do Día da Ilustración. Centrarémonos nos carteis que realizou para diversas campañas, entre elas as que realizou por encargo do Concello de Santiago de Compostela. Estas imaxes serán o punto de partida e servirán de motivación e inspiración para idearen novos carteis. Deste xeito entenderemos qué papel desempeñan os carteis na cultura popular, cómo e porqué funcionan e cómo podemos chegar a crear un cartel coas nosas propias mans.

Data: 28 de xaneiro

Público: de 8 a 13 anos

Horario: de 12:00 a 13:30 h

Duración: 90 minutos

Prazas: 30

De balde, precisa inscrición na web

*Os/as participantes neste obradoiro deberán traer mandilón ou roupa vella para pintar.