ACTIVIDADES
Obradoiro de papiroflexia
barquiños de papel
Impartido polas profesoras de matemáticas Trini López e Teresa Otero

A papiroflexia, á que podemos considerar coma unha arte, unha ciencia ou un entretemento, ten unha grande importancia na aprendizaxe das matemáticas. Neste obradoiro, no que se construirán diferentes figuras, algunhas sinxelas e outras máis elaboradas, descubrirase como a beleza desta disciplina está na súa sinxela xeometría. En cada anaquiño de papel hai patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten á folla chegar a ter variadas e interesantes formas. Facer papiroflexia resulta creativo, divertido e económico.

Público: Maiores de 7 anos

Horario: de 11:00 a 13:00 h

Duración: 120 minutos

Prazas: 40

De balde, precisa inscrición na web