Este obradoiro, impartido por dúas profesoras da Facultade de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivo descubrir e iniciar ao alumnado no mundo dunha xeometría moi presente na natureza e na ciencia, a xeometría fractal.
Gracias a esta xeometría, construiremos e analizaremos matematicamente fractais de Sierpinski en dúas dimensións, como a Alfombra ou o triángulo, e tamén en tres dimensións todo adaptado para alumn@s desta idade; Para desenvolver esta actividade utilizaranse materiais moi sinxelos como palliñas de sorber e adhesivos.
Público: De 8 a 10 anos
Horario: de 11:00 a 13:30 h
Duración: Dúas horas e media
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Prazas: 40
De balde, precisa inscrición na web