ACTIVIDADES
A pegada dos peixes
Peixe con cores
Mes da Ciencia. Imparte: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

Os peixes son animais vertebrados que ocupan unha gran variedade de hábitats no medio acuático e, para adaptarse a estes ambientes, desenvolveron morfoloxías moi diversas. Podemos fixarnos nas súas aletas, na posición da súa boca ou no tamaño dos seus ollos para observar as distintas formas que presentan. Se temos nas nosas mans un rodaballo, unha pescada ou un cabaliño de mar, xa podemos decatarnos que existen peixes moi diferentes entre sí, pero … Por qué son tan diferentes? Para qué lles serve cada aleta? Por qué uns teñen uns ollos tan pequenos e outros tan grandes? Cóma é un peixe plano cando nace?
A través desta actividade daremos resposta a estas cuestións dun xeito creativo e divertido. Apalparemos as distintas anatomías dos peixes e empregaremos unha técnica de expresión artística xaponesa (O Gyotaku) para plasmar en papel e téxtil estas anatomías tan diversas e curiosas.

Data: sábado 10 de novembro
Horario: de 17:00 a 19:00h
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Público: de 11 a 15 anos
Nº de prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición na web