ACTIVIDADES
Un baile poético, interdisciplinar, arredor de Bonus Track
Pes camiñando
En conmemoración do día da poesía. Impartido por Rosalía Fernández Rial

O obradoiro consistirá na elaboración de diferentes produtos artísticos relacionados coa poesía e coa súa posterior escenificación nunha perfomance concreta, na que a canción e a literatura se darán a man. Unha acción que mestura xéneros e perspectivas diferentes para gozar do feito artístico desde unha óptica aberta e viva.
¡Anímate e ven bailar con nós!

Data: 9 de marzo
Horario: de 11:00 a 12:30 h
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Público: Maiores de 18 anos
Nº de prazas: 25

Observacións: de balde, precisa inscrición no web

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS