ACTIVIDADES
Xeometría para manipular
Formas xeométricas
Baseado no libro de Bieito Romero “Xeometrías máxicas de Galicia”. Impartido por Teresa Otero e Trini López

Para este obradoiro non é preciso ter coñecementos previos de xeometría. Con todo, traballarase con diferentes curvas e superficies dun xeito lúdico e manipulativo, e serán os propios asistentes encargados de crear as súas curvas e superficies.

En primeiro lugar introduciremos o concepto de envolvente e crearemos algunha envolvente “cosendo”. Os asistentes verán como son capaces de facer aparecer unha preciosa cardioide.

Falaremos tamén de superficies regradas, e posibles maneiras de crealas.

Falarase da figura de Félix Candela e da súa importancia na arquitectura. Deste xeito construiremos un paraboloide hiperbólico con papel e amosaremos outros xeitos de crealo, así como a creación de preciosas superficies soamente con cartolina.

Data: 27 de abril

Horario: 11:00 a 13:30 h

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: Todos os públicos (a partir de 8 anos)

Nº de prazas: 40

De balde, precisa inscrición no web

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS