Este premio ten por obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sostibles no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren.
O galardón estará dotado cun único premio de 3000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, e será entregado na I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia.