AVISOS
16/05/2017
Datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos
Mesa dos relatores: ordenador, micros e cadeiras
Xornada técnica para bibliotecarios e bibliotecarias e profesionais de arquivos e museos na BdG

A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio  unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos.

Os datos abertos enlazados en institucións da memoria son aínda unha cuestión nova para moitos dos profesionais que traballamos nelas. Por este motivo queremos profundar no coñecemento desta nova tecnoloxía para publicar os datos de bibliotecas, arquivos e museos, o que ademais nos permitirá confluír no enriquecemento da importante información cultural que xeramos.

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS