AVISOS
19/05/2017
Día das Letras Galegas: Carlos Casares
Portada a imaxe do Principiño con Carlos Casares como protagonista
Día das Letras Galegas 2017

O Día das Letras Galegas é un día de recoñecemento da nosa identidade. Por unha banda de recoñecemento da nosa lingua e por outra de toda a creación que da súa riqueza xurde. A través dos grandes homes e mulleres que foron e son artífices da nosa literatura, aprendemos o sentir da sociedade galega de todos os tempos, a súa evolución, o que somos e onde estamos e onde queremos chegar. O pulso da vida está presente en cada texto sexa poético, narrativo, dramático, xornalístico, de ficción... Cada palabra encerra o instante revelado para nutrición dun colectivo orgulloso de si mesmo polo mundo adiante.

Este ano, o Día das Letras Galegas dedícase a Carlos Casares, escritor en lingua galega que cultivou sobre todo o xénero narrativo. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. O seu conto A galiña azul colocouno nun lugar de honra da literatura infantil galega.

Os centros de ensino, culturais e institucións levarán a cabo actividades diversas para a difusión da súa obra e enxalzamento da súa figura. A BdG mostra unha exposición bibliográfica que estará ata o 8 de xuño