AVISOS
08/01/2018
Día do Usuario
Cartel do calendario 2018
Calendario do libro e a Lectura 2018. Xaneiro

Empeza un novo ano e polo tanto iníciase o novo Calendario do Libro e a Lectura 2018 que comeza a súa andaina coa primeira efeméride do ano, o 11 de xaneiro, Día do Usuario.

O usuario é a razón de existir dunha biblioteca pública, os seus fins principais, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia, carecerían de sentido sen o demandante de información. Este é o motivo polo que as bibliotecas públicas esfórzanse por acadar un grado de calidade que satisfaga as demandas máis esixentes dos seus usuarios.

A atención, mellora dos servizos, coidado da actitude, crear empatía, xerar un bo ambiente... son factores fundamentais para crear nas bibliotecas unha imaxe dinámica e de mellora continua, obxectivos prioritarios para a satisfacción do usuario, e nesta mellora  foi ampliado o horario de peche desta biblioteca nunha hora máis e reforzado o servizo de atención ó usuario cun auxiliar de bibliotecas pola tarde, agora o horario é de 8.30 a 21.00 os sete días da semana.