O luns 22 de xuño as bibliotecas de xestión autonómica retoman todos os seus servizos seguindo as instrucións da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Ata o levantamento da declaración de emerxencia sanitaria en Galicia, as bibliotecas de xestión autonómica cumprirán as medidas de funcionamento en materia de seguridade, prevención e hixiene publicadas pola Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, e que son accesibles como documento adxunto neste aviso.
Paralelamente a BdG dará publicidade de xeito particular ás condicións de uso dos seus servizos, adaptadas para garantir as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias. As condicións de uso da sala de lectura da biblioteca son as primeiras ás que se lles damos publicidade a través deste aviso no documento Información sobre as condicións de uso da sala de lectura da Biblioteca de Galicia, e das que destacamos os seguintes puntos:
- a capacidade da sala de consulta da Biblioteca de Galicia redúcese a 45 postos
- cada un destes postos está numerado
- os números asignáranse por orde de chegada
- ante a significativa redución dos postos da biblioteca, un usuario con posto asignado non poderá ausentarse do mesmo máis dunha hora seguida
- non está permitido introducir comida ou bebida, agás auga embotellada
- será obrigatorio o uso de máscaras nas zonas comúns da Biblioteca
- o horario de apertura da biblioteca será de luns a venres de 9 a 21 horas