AVISOS
11/05/2020
Información sobre a reapertura da Biblioteca de Galicia
A Biblioteca de Galicia está a realizar as actividades de adaptación necesarias para reabrir os seus servizos con todas as garantías para os seus usuarios

De conformidade co Capítulo VIII da Orde SND/399/2020, do 9 de maio, no que se establecen as Condicións para a reapertura ao público das bibliotecas, a Biblioteca de Galicia informa de que está a realizar as actuacións de adaptación necesarias para o cumprimentos do artigos 23, 24 e 25 da citada Orde, así como dos demais artigos que subsidiariamente lle sexan de aplicación no referido a medidas de hixiene e/ou de prevención. Mentres duren estas actuacións as súas instalacións permanecerán pechadas.

Neste tempo a Biblioteca de Galicia continuará poñendo a disposición dos cidadáns os seus servizos dixitais. Para atender calquera dúbida, pregunta ou consulta está operativo o correo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal e o teléfono de atención ao público 981 545 070.

A Biblioteca de Galicia informará puntualmente ao público de calquera novidade respecto das condicións de reapertura das súas instalacións e dos seus servizos.