AVISOS
14/03/2022
Información sobre a sala de lectura da BdG
A Biblioteca de Galicia actualiza as súas instrucións para garantir un uso responsable e solidario dos postos de lectura

 

No documento que se achega a este aviso pódense consultar as condicións de uso actualizadas da sala de lectura da Biblioteca de Galicia. 

A capacidade da sala de lectura da BdG volve a estar ao 100%, isto é, 124 postos todos eles numerados.

Tanto os usuarios e as usuarias coma o persoal da biblioteca deberán respectar as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da covid-19.

A Biblioteca de Galicia informa de que neste edificio tamén teñen a súa sede o Arquivo de Galicia e distintos departamentos da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, polo que se solicita comprensión por parte de todas as persoas á hora de usaren os seus espazos.