AVISOS
13/06/2020
Novos servizos dispoñibles na BdG desde o 15 de xuño
A Biblioteca de Galicia ofrece de novo os seus servizos de lectura en sala e consulta nos ordenadores de uso público

Incrementando o catálogo de servizos xa autorizados progresivamente desde a súa reapertura, o luns 15 de xuño a BdG volve a ofrecer o servizo de lectura en sala e de acceso aos seus computadores de uso público.

 

Para garantir que se cumpren as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias, o seu uso estará supeditado ás seguintes recomendacións:

 

  • O aforo da sala de lectura da Biblioteca de Galicia queda reducido a 41 postos.
  • Os postos estarán numerados para identificar cal deles terá que ser desinfectado unha vez que o usuario deixe de precisar o seu uso.
  • O usuario que queira facer uso dun dos postos de consulta deberá solicitalo no mostrador central da biblioteca.
  • Despois de aplicar a distancia social na zona da biblioteca na que están instalados os equipos informáticos, estes quedaron reducidos aos seguintes:
    • 1 ordenador para acceso a Internet e consulta do OPAC.
    • 2 ordenadores con uso compartido de acceso a Internet e consulta do Depósito Legal Electrónico.
    • 1 ordenador para a consulta da prensa dixitalizada con acceso restrinxido.
  • O uso destes equipos terá que ser solicitada ao persoal da biblioteca para garantir a súa limpeza unha vez de abandone o posto.

O horario no que se prestarán, tanto estes como os demais servizos autorizados na BdG, será de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas.

 

Ademais, para cumprir coas medidas de hixiene e/ou de prevención establecidas, a Biblioteca de Galicia informa do seguinte:

 

  • Na zona de acceso e nos puntos de contacto co público, situaranse dispensadores de xeles  hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
  • Os lugares de atención ao público dispoñerán de medidas de separación entre os traballadores da biblioteca e os usuarios.
  • Será obrigatorio o uso de máscaras nas zonas comúns da biblioteca (vestíbulo, corredores, zonas de entrada e saída) sempre que non se poida garantizar a distancia social establecida.

A Biblioteca de Galicia informará puntualmente de calquera modificación nas súas condicións de acceso e uso en base ás instrucións que establezan as autoridades competentes.