AVISOS
01/10/2021
A sala de lectura da Biblioteca de Galicia pasa de 45 a 90 postos
O novo aforo estará dispoñible desde o sábado 2 de outubro

Seguindo o establecido na Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e modifícase a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a capacidade da sala de lectura ampliarase ata un 75% do seu aforo, polo que se habilitará o uso de 45 novos postos.

 

As condicións de uso da sala de lectura da BdG adaptáronse a esta nova situación e poden consultarse no documento que achega ao final deste aviso.

 

A Biblioteca de Galicia informará puntualmente de calquera cambio que se produza respecto do seu aforo, que desde o 2 de outubro queda establecido en 90 postos de lectura.

 

As instalacións da BdG continuarán abertas ao público cos servizos e horario habitual:

 

Sala de lectura

De luns a domingo de 09:00 a 21:00 horas

 

Consulta de usuarios e investigadores: información bibliográfica, reprografía e acceso aos fondos dos depósitos

De luns a venres de 09:00 a 15:00 horas

Poderase facer uso dos servizos de consulta de 16:00 a 20:00, de luns a venres, previa solicitude no correo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal

 

A visita ás exposicións organizadas polo Arquivo e a Biblioteca de Galicia poderá realizarse de luns a domingo de 09:00 a 21:00 horas.