AVISOS
25/05/2020
Servizos autorizados na Biblioteca de Galicia
Información sobre as actividades permitidas nestes momentos na BdG

En base aos protocolos e recomendacións publicados, tanto polo Goberno de España como pola Xunta de Galicia, nestes momentos os servizos autorizados na Biblioteca de Galicia son os seguintes:

       * Información bibliográfica e bibliotecaria.

       * Préstamo e consulta en sala dos fondos custodiados na biblioteca. As obras poderán ser solicitadas polos usuarios (preferentemente mediante petición ou reserva anticipada) e serán proporcionadas polo persoal da biblioteca.

       * A petición previa dos fondos poderá realizarse a través do correo electrónico bibliotecadegalica@xunta.gal ou nos teléfonos 881 999 279 / 981 545 070.

       * O usuario será informado, ben por teléfono ou por correo electrónico, do día no que poderá acudir a consultar a obra solicitada.

Cumprindo o que establece a Orde SND/399/2020 a Biblioteca de Galicia está aberta cunha redución do aforo do trinta por cento (30%), en horario de luns a venres entre as 09:00 e as 21:00 horas. En total os postos de consulta da biblioteca quedan reducidos a 41

No PDF descargable que acompaña a este aviso ofrécese información máis detallada das condicións da reapertura na Biblioteca de Galicia.

A Biblioteca de Galicia informará puntualmente da reapertura progresiva dos seus servizos en base ás instrucións que establezan as autoridades competentes.