AXENDA
Andobrincando no Gaiás
22 de Xuño, 17:00
Biblioteca de Galicia
Xogos tradicionais en familia. Impartido por O Quinteiro de Temperán

Con motivo do remate do curso, a Biblioteca de Galicia organiza unha actividade completamente lúdica e moi divertida na que todos os membros dunha familia poden xogar xuntos a través dunha colección de 40 xogos tradicionais. Netas e netos, avós e avoas, nais e pais...sen límite de idade participan nestes enredos.

Son xogos de enxeño e destreza cos que aprender a relacionarse mellor, a xogar en grupo e, ao mesmo tempo, gozar da recuperación dos antigos xogos tradicionais de Galicia e doutras partes do mundo.

Data: 22 de xuño
Horario: 17:00 a 19:00 h
Duración: 2 horas
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia e espazo exterior
Público: Familiar
Prazas: 50

De balde, precisa inscrición no web