AXENDA
Buscando a Estrela de Nadal
03 de Xaneiro, 12:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro a cargo de Programas Educativos y de entretenimiento S.L

Obradoiro no que os personaxes están preocupados porque parece que o espírito de Nadal se perdeu. É por iso que emprenderán unha divertida aventura que lles fará percorrer desde as xeadas terras do Polo Norte ata as áridas areas do deserto.

Ao longo desta aventura, coñecerán personaxes tan sigulares coma os axudantes de Papá Noel, ou os amables paxes dos Reis Magos descubrindo, deste xeito, por que a xente xa non ten ilusión: a estrela que debe guiar aos Reis Magos perdeuse, así que a súa misión deberá ser agora atopala, xa que así renacerá de novo nas persoas o espírito de Nadal.

Ao longo deste divertido espectáculo, os protagonistas realizarán, coa axuda do público, unha chea de experimentos cos que ademais de pasar un rato moi divertido, aprenderán conceptos como os dunha reacción química, elementos hidrófugos, raios UVA...

 

Duración: 60 minutos

Público: Familiar (rapaces e rapazas de 4 a 8 anos)

Prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición no web