AXENDA
Camiños
16 de Xuño, 18:00
Biblioteca de Galicia
Espectáculo musical de Magín Blanco

Camiños é un espectáculo musical, unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos para estimular e enriquecer a imaxinación dos rapaces e rapazas.

O músico Magín Blanco presenta o seu repertorio máis bailable e balsámico; ritmos para cativos intrépidos e cantadas doces para amigos invisibles. Todo cabe nestes Camiños polos que andar e medrar na busca do que queiramos conseguir.

Duración: 60 minutos

Prazas: 120

De balde, precisa inscrición na web