AXENDA
A ciencia máxica
28 de Decembro, 12:00
Biblioteca de Galicia
Obradoiro de ciencia a cargo de Tú y yo... Educa

Detrás dun espectáculo de maxia é posible descubrir moitas veces outra realidade máis sorprendente quizais, pois o que semella maxia oculta outra realidade máis sinxela: a ciencia. Isto é o que quere amosar este obradoiro no que os magos serán capaces de realizar sorprendentes trucos. Así, á vista de todos, será posible ver como a auga desaparece, como os líquidos poden cambiar de cor, como converter a auga en neve en segundos, ou como converter a auga en xeo en milisegundos.

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: Familiar (rapaces e rapazas de 4 a 10 anos)

Nº de prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición no web