AXENDA
Como podemos acabar coa contaminación mariña?
30 de Novembro, 18:00
Biblioteca de Galicia
Conmemoración do mes da ciencia, obradoiro impartido por: Asociación de Divulgadores Científicos

Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas a partir de 12 anos, e ten a finalidade de reforzar a implicación dos máis novos na conservación dun planeta máis sustentable. Para iso, centrarase na problemática da contaminación mariña nos océanos.

A contaminación ambiental, concretamente provocada polo acúmulo de plásticos mariños nos océanos e as verteduras de hidrocarburos, centrarán o obradoiro: Como podemos acabar coa contaminación mariña? Imos buscar a maneira de acabar con este problema entre todos. Así, da man dun equipo de científicos especializados no estudo da contaminación mariña e uns divulgadores científicos preparados para transformar a información que se xere no obradoiro nunha mensaxe que chegue a todo o mundo, os/as participantes poderán aprender un pouco máis deste fenómeno que constitúe unha das principais ameazas para a vida en todo o planeta.

Data: 30 de novembro

Horario: 17:00 a 19:30 h

Duración: 2 horas e 30 minutos

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: de 12 a 15 anos

Prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición no web