AXENDA
Concerto Singular
15 de Xuño, 18:00
Biblioteca de Galicia
Conmemoración do Día Internacional da Música. Compañía Píscore

Qué acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflicto: 16 baquetas e unha soa marimba (instrumento de percusión). Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse non vai ser tan doado.

Píscore achéganos á mellor música e o mellor humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Data: 15 de xuño

Horario: 18:00 h

Duración: 60 minutos

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Público: Todos os públicos

Prazas: 120

De balde, precisa inscrición no web