AXENDA
Érase unha vez a ópera
09 de Xuño, 18:00
Biblioteca de Galicia
Espectáculo musical a cargo da Compañía Lírica de Galicia

Érase unha vez a ópera é un espectáculo orixinal que persegue, xunto ao lóxico desexo de divertir, o propósito de interesar e instruír ao público infantil no marabilloso mundo da ópera, dunha forma sinxela e amena.

Esta proposta artística, que promove a Compañía Lírica de Galicia, ten como obxectivo achegar aos máis pequenos o mundo da lírica a través de óperas tan coñecidas como La Bohème, Don Giovanni, Madame Butterfly...da man da diva da ópera Madame Spaghettini e do grandísimo compositor Wolfang Amadeus Mozart.

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Público: Todos os públicos ( a partir de 5 anos)

Duración: 45 minutos

Prazas: 120

De balde, precisa inscrición na web