AXENDA
Os apuros de Rigoletto
12 de Decembro, 17:00
Biblioteca de Galicia
Con motivo da celebración do Nadal na Biblioteca de Galicia

A cargo da Asociación Lírica de Galicia

Data: 12 de decembro

Público: Público Familiar

Lugar: Auditorio Neira Vilas

Horario: 17:00 a 18:00 h

Duración: 60 minutos

Prazas: 30

 

De balde, precisa inscrición na web

 

Os apuros de Rigoletto é un orixinal espectáculo de teatro musical dirixido
a público familiar, que persegue non só divertir, senón tamén interesar e
instruír ao público infantil no marabilloso mundo da ópera. Un libro de
contos serve de excusa para facer unha excitante viaxe a través da ópera
dunha maneira sinxela e amena.

Sinopse:

Mentres rematan de acomodarse os últimos espectadores, un técnico do teatro
da os últimos retoques ao escenario. Rigoletto, un simpático director,
busca desesperadamente a súa orquestra, mentres Torcuata, a rexedora do
teatro, anda de cabeza procurando que todo estea no seu sitio. Tras unha
serie de incidentes disparatados, a rexedora abre o libro de contos e a
historia convértese en realidade, aparecendo en escena Mimí, Rodolfo, Amina
ou a geisha Cio-Cio San, que escenifican as escenas máis representativas de
“La Boheme”, “La Sonnambula, “Rigoletto” ou “Madame Butterfly”.