COMO PODO?
Que se considera fondo antigo?

Patrimonio Histórico Bibliográfico: manuscritos, incunables e impresos dos séculos XVI a 1959.

A Biblioteca clasifica os seus fondos antigos de monografías en dúas seccións. A primeira (PBA) cos fondos do século XV a 1801, que consta cuns 520 títulos. A segunda (PB) cos fondos del século XIX ata 1958, data no que comeza a aplicarse a normativa de Depósito Legal, na actualidade conta cuns 10.000 títulos.

Nesta sección temos que engadir a colección de Abanca de fondo antigo depositada (en comodato) na Biblioteca, que está formada por máis de 3.200 exemplares, dos que destacan os seus 69 incunables.