CATÁLOGOS E COLECCIÓNS
Bibliografía de Galicia
Compactos do depósito legal
Compactos do depósito legal

Para constituír esta colección e elaborar a bibliografía de Galicia, o depósito legal é un instrumento privilexiado xa que fai posible reunir todas as obras impresas, editadas ou fabricadas en Galicia, garante a conservación das publicacións do patrimonio galego e permite redactar a bibliografía de Galicia, como o rexistro exhaustivo das publicacións producidas en Galicia.

Por outra banda, elaborar, manter e difundir a bibliografía corrente e retrospectiva de Galicia é unha das funcións da Biblioteca de Galicia segundo o disposto na Lei de bibliotecas de Galicia.