CATÁLOGOS E COLECCIÓNS
Fondo Portugués
Biblioteca fondo portugués
Biblioteca fondo portugués

A meirande parte desta biblioteca versa sobre fontes de información xeral, obras de consulta e referencia, de ficción, bibliografía de Portugal etc., e proveñen na súa maioría das compras anuais da propia BdG, de doazóns e de intercambios.

O interese crecente pola cultura portuguesa non se debe soamente á proximidade xeográfica, ou á lingua que nos é tan familiar e que compartimos nas súas orixes, senón tamén ao descubrimento cada vez maior dun universo literario co que temos moito en común. As novas tecnoloxías acrecentaron e facilitaron a vontade de coñecemento mutuo, sempre existente, pero no momento actual únense esforzos para o incrementarmos. Tanto desde as políticas institucionais de ambas as xeografías como desde iniciativas privadas, parten vías de relación transfronteiriza, que amosan un novo camiño a seguir para que a transformación e o cambio que está a vivir a sociedade faga desta área xeográfica un lugar mellor, un espazo único compartido por todo o colectivo humano, sabedores das nosas diferenzas e respectuosos con elas, na andaina deste camiño universal que só podemos percorrer da man do coñecemento mutuo, da educación e da cultura.

 

Catálogo aínda non dispoñible.