CATÁLOGOS E COLECCIÓNS
GÁLIX
Logo da asociación
Logo da asociación

A Biblioteca GALIX é unha sección especializada de libro infantil e xuvenil que se constitúe na Biblioteca de Galicia no ano 2013 a través dun acordo de depósito en réxime de comodato realizado coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil por un período prorrogable de 30 anos, para o fomento da lectura entre a infancia e a xuventude. Trátase dun fondo vivo que vai medrando como o seu público, gracias ás entidades que o nutren, e que son os seus socios, as editoriais, asociacións, fundacións, etc. Ademais das obras infantís e xuvenís, tamén integran o seu fondo monografías, publicacións periódicas, guías, catálogos, premios...

Gálix nace no ano 1989, sen ánimo de lucro, co fin de promover a literatura infantil e xuvenil e ao seu través a cultura e lingua galega. O seu principal cometido radica na recollida, promoción, programación e execución de iniciativas para a promoción do libro infantil e xuvenil. Nesta liña asesora e coopera con persoas, entidades e administracións, públicas e privadas, tanto de Galicia como de fora dela, a través de convenios que permiten acadar obxectivos comúns.

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS