EXPOSICIÓNS
Colección cartográfica Vilardevós de Rodolfo Núñez de las Cuevas
23 Xullo 2014
14 Setembro 2014
Colección cartográfica Vilardevós
Coordinador/a:
Elena Díaz del Río

Mostra da cartoteca de Rodolfo Núñez de las Cuevas, enxeñeiro xeógrafo do Instituto Geográfico Nacional, institución que dirixiu entre 1974 e 1980.

A incorporación da biblioteca e colección cartográfica de Rodolfo Núñez de las Cuevas á Biblioteca de Galicia supuxo no seu momento a achega dun inestimable fondo de variada especialización. Un contido variado en torno a unha temática común ligada en termos xerais á cartografía, topografía e ciencias afins. 

A biblioteca de Rodolfo Núñez de las Cuevas era o resultado da súa longa carreira profesional como enxeñeiro, xeógrafo e como docente, ámbitos nos que chegou a acadar os escalafóns máis elevados. Foi catedrático de Representación Cartográfica na Universidade Politécnica de Madrid e Director Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, entidade na que ocupou diversas prazas dende o seu ingreso no ano 1957. Entre outros importantes nomeamentos foi Vicepresidente da Asociación Cartográfica Internacional ou Presidente do Comité de expertos en Cartografía, Estatística e Terminoloxía do Consello de Europa. 

A biblioteca comezou a formarse en 1953 e a grandes rasgos consta dunhas 3.062 monografías e folletos, unhas 206 coleccións de publicacións seriadas, uns 90 atlas e máis de 700 mapas. A presente exposición recolle unha pequena mostra do interesante e importante fondo, centrándose de forma especial na colección cartográfica que contén varios exemplares únicos. 

A exposición pretende recoller exemplos variados e representativos de distintas épocas, ámbitos, entornos históricos e tipos de cartografía e técnicas utilizadas para a mesma, co fin de dar unha visión xeral e ao mesmo tempo instrutiva, tanto da colección en si mesma como do mundo da cartografía. 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS