EXPOSICIÓNS
Técnica e arte do gravado
28 Novembro 2013
27 Xaneiro 2014
Técnica e arte do gravado
Coordinador/a:
Daniel Buján

A exposición Técnica e arte do gravado pretende realizar un percorrido didáctico polas técnicas históricas do gravado, a través dos grandes artistas internacionais, nacionais e galegos que na longa historia desta arte se dedicaron nalgún momento a elas.

Todas as obras expostas son gravados orixinais (non se trata de reproducións) e proceden na súa maioría da colección da Biblioteca de Galicia. Hai importantes préstamos do Museo Massó (os incunables, entre outros) da Biblioteca do Mosteiro de Poio (os dous impresos galegos do século XVI), da Catedral de Santiago (dous cobres e una pedra litográfica), do Seminario de San Martiño (unha madeira de Mayer), do Museo de Artes en Ribeira, da Fundación Prieto Nespereira, da Biblioteca Pública de Pontevedra e de coleccións privadas.