SERVIZOS
Biblioteca Central de Préstamo
Biblioteca Central de Préstamo

A Biblioteca Central de Préstamo é un departamento da Biblioteca de Galicia que ten o obxectivo de darlles apoio e ofrecerlles un conxunto variado de servizos ás bibliotecas públicas de Galicia para optimizar os recursos existentes, mellorar a oferta informativa da Rede de bibliotecas e resolver ou minimizar carencias funcionais e de espazo:

  • Adquirir un fondo de obras con múltiples exemplares para os clubs de lectura
  • Prestar lotes de obras de diferentes disciplinas e en distintos soportes para mellorar a oferta bibliográfica das bibliotecas públicas galegas
  • Adquirir, procesar, conservar e prestar unha colección de obras para uso profesional
  • Organizar e conservar unha colección de apoio ao préstamo interbibliotecario
  • Recibir, xestionar e redistribuír fondos obsoletos das bibliotecas

Consultas e peticións dirixirse a: bgpi@xunta.gal

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS