SERVIZOS
Club de Lectura de Galicia
Clubs de lectura

Un club de lectura fórmano un grupo de persoas que len ao mesmo tempo a mesma obra, a soas na súa casa. A Biblioteca presta un exemplar a cada membro do club, previamente inscrito, e celebran reunións semanais, quincenais ou mensuais para comentar o que leron.

Os clubs de lectura precisan dispor dun lote de exemplares da mesma obra, para o seu correcto funcionamento. Un servizo da Biblioteca Central de Préstamo para os clubs de lectura pertencentes aos centros adscritos á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é o préstamo de exemplares múltiples dun mesmo título e, de ser o caso, do material complementario de apoio.

Acceso aos fondos

Os fondos destinados aos clubs de lectura estarán, fisicamente centralizados e instalados na Biblioteca de Galicia. A súa difusión será a través do propio catálogo da Biblioteca de Galicia – Biblioteca Central de Préstamo e identificaranse como fondos do Club de Lectura de Galicia.

O número de exemplares por título fixarase como mínimo en 10 co fin de ofrecer aos clubs de lectura tantos exemplares como participantes teñan.  A elección dos títulos a adquirir será competencia do Club de Lectura de Galicia considerando as demandas dos clubs ou a iniciativa propia.

Para acceder a este servizo é necesario que o Club de Lectura interesado en participar o solicite mediante correo electrónico a cl@xunta.gal

 Colección dispoñible e normas de funcionamento do préstamo ás bibliotecas

 

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS

TAMÉN CHE PODE INTERESAR...