COMO PODO?
Cal é o contido da hemeroteca?

A Biblioteca conta cunha importante hemeroteca que inclúe tanto revistas como prensa escrita especializada, editadas ou impresas no pais ou no exterior por entidades relacionadas con Galicia. Procede de dúas fontes fundamentais: o Depósito Legal, a partir de 1981 e as adquisicións e doazóns feitas ao longo destes últimos anos. En total o número de cabeceiras catalogadas e dispoñibles na Biblioteca achégase ás 4.500.