Benvido/a á Biblioteca de Galicia, a biblioteca central do Sistema Galego de Bibliotecas.
Naceu como institución no ano 1989, coa promulgación da Lei de bibliotecas, que contempla a súa posta en marcha baixo a denominación de Centro Superior Bibliográfico de Galicia e sinala o seu papel como cabeceira do sistema bibliotecario e como conservadora e difusora do patrimonio bibliográfico de Galicia. A Biblioteca de Galicia configúrase como un centro moderno, xestor, difusor e conservador tanto de materiais tradicionais impresos, como de novos soportes a través de consultas e servizos realizados in-situ, na súa localización da Cidade da Cultura, como realizados en liña ou a través de consultas á súa ampla e pioneira biblioteca dixital.